AXUDAS AO TRANSPORTE, MATERIAL ESCOLAR E APOIO Á NATALIDADE

publicado en: Novas | 0

Axudas para o transporte de estudiantes:

Axudas económicas individuais destinadas a sufragar os gastos de desprazamento daqueles alumnos/as do Concello que estudan fóra do termo municipal durante o curso 2020/2021 coa finalidade de axudar na súa formación durante a etapa educativa de Bacharelato, Formación Profesional ou Universitaria.

Contía das axudas

As axudas serán como máximo de 200 euros por cada solicitante.

Solicitudes

As solicitudes deberán presentarse ata o 15 de novembro de 2020 no Rexistro Xeral do Concello de Folgoso do Courel de 09:00 a 14:00  horas.

Axudas para material escolar:

O Concello de Folgoso do Courel convoca axudas para a adquisición de material escolar de alumnas/os de Educación Primaria e Secundaria do CPI Poeta Uxío Novoneyra do Concello de Folgoso do Courel e para os alumnas/os de Educación Infantil (2º ciclo).

Contía das axudas

Primaria e secundaria. As axudas serán como máximo de 50 euros por cada fillo que estea a cursar estudos de educación primaria e secundaria no CIP Poeta Uxío Novoneyra, no curso 2020-2021. Infantil. As axudas serán como máximo de 150 euros por cada fillo que estea a cursar estudos de educación infantil (2º ciclo) de 3 a 5 anos no CIP Poeta Uxío Novoneyra, no curso 2020-2021.

Solicitudes

As solicitudes deberán presentarse ata o 15 de novembro de 2020 no Rexistro Xeral do Concello de Folgoso do Courel de 09:00 a 14:00 horas.

Axudas para o apoio á natalidade:

Dirixidas aos pais e nais empadroadas no municipio que teñan ou adopten un fillo ou unha filla e pretenden contribuír a sufragar os gastos de alimentos infantís ou produtos de hixiene ou farmacia para o bebé.

Contía das axudas

As axudas serán como máximo de 500 euros por cada fillo nacido ou adoptado.

Solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes estenderase dende o día seguinte ao que se produciu o nacemento ou adopción ata o 30 de novembro de 2020. No caso de que o nacemento ou adopción se produza no mes de novembro ou decembro, o prazo finalizará o 31 de xaneiro de 2021.

Para máis información: http://www.deputacionlugo.gal/sites/deputacionlugo.org/files/inline-files/22-08-2020.pdf#page=10