CANCÉLASE A FESTA DA CASTAÑA DO COUREL

publicado en: Novas | 0

Recuperamos o cartel da primeira edición, no ano 1986, para anunciar a decisión do Concello de Folgoso do Courel de NON celebrar a XXXIII Festa da Castaña do Courel, que tería lugar o vindeiro día 7 de novembro en Folgoso e esperar a que a situación sanitaria a nivel xeral mellore para retomar este tipo de eventos.

O Goberno local tivo en conta a opinión do sector da hostalería para tomar esta decisión.