AXUDAS PARA A PREVENCIÓN DOS DANOS QUE CAUSAN AS ESPECIES SILVESTRES

publicado en: Novas | 0

ORDE do 22 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a prevención dos danos que causan determinadas especies de fauna silvestre e se convocan para o ano 2021 (código de procedemento MT809D).

1. Liña para a prevención de danos ocasionados polo lobo e oso:

Poderanse acoller a estas axudas as persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións gandeiras do tipo de gando bovino, ovino, cabrún, porcino da raza Celta, equino e apícola que figuren incluídas no Rexistro Xeral de Explotacións Gandeiras (Rega) de Galicia.

2. Liña para prevención de danos ocasionados polo xabaril.

Poderanse acoller a estas axudas:

a) As persoas físicas ou xurídicas que exercen a actividade agraria e estean inscritas no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia (Reaga), creado mediante o Decreto 200/2012, de 4 de outubro, polo que se regula o Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia e modificado pola disposición derradeira terceira do Decreto 125/2014, do 4 de setembro, polo que se regula en Galicia a venda directa de produtos primarios desde as explotacións á persoa consumidora final.

b) As explotacións agrarias destinadas ao autoconsumo.

Prazo de presentación: 13/01/2021 – 12/02/2021

Poden consultala Orde completa pulsando aquí, facer a solicitude na Sede Electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=MT809D&ano=2021&numpub=1&lang=es, ou informarse no concello 982 43 30 01.