AXUDAS PARA PALIAR DANOS PRODUCIDOS POLO XABARIL E O LOBO

publicado en: Novas | 0

1-Axudas económicas para paliar os danos producidos polo xabaril nos cultivos agrícolas:

Comprende as axudas para os danos producidos polo xabaril nos cultivos agrícolas que se comuniquen desde o 11 de outubro de 2020 ata o 10 de outubro de 2021. O expediente de axudas será único e comprenderá todos os danos producidos polo xabaril a unha mesma persoa beneficiaria antes da colleita.

A quen vai dirixido?

a) As persoas, físicas ou xurídicas, titulares de explotacións agrarias onde se constaten os danos aos cultivos agrícolas producidos polo xabaril, inscritas no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia (Reaga).

b) As persoas, físicas ou xurídicas, titulares de explotacións agrarias de autoconsumo onde se constaten os danos aos cultivos agrícolas producidos polo xabaril.

Toda a información na Orde do 17 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para paliar os danos producidos polo xabaril nos cultivos agrícolas e se convocan para o ano 2021 (código de procedemento MT809E).(DOG núm. 5 do 11 de xaneiro de 2021). e no Concello no 982 43 30 01.

2- Axudas económicas para paliar os danos producidos polo lobo:

Comprende as axudas para os danos producidos polo lobo que se comuniquen desde o 1 de outubro de 2020 ata o 30 de setembro de 2021.

A quen vai dirixido?

a) As persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións gandeiras do tipo de gando que se especifica no anexo I e que fose afectado por ataques de lobos dentro da comunidade autónoma.

b) Non poderán obter a condición de persoas beneficiarias das axudas previstas nesta orde aquelas en que se produza algunha das circunstancias recollidas no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, ou as persoas beneficiarias propietarias de gando vacún leiteiro naqueles casos en que se poida demostrar unha clara desatención na protección dos animais contra os ataques do lobo, agás no caso de gando vacún leiteiro que, por prescrición facultativa veterinaria, deba permanecer fóra das instalacións gandeiras e que, téndose adoptado as adecuadas medidas de protección, sexa afectado por ataques de lobo.

Toda a información na Orde do 16 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para paliar os danos producidos polo lobo e se convocan para o ano 2021 (código de procedemento MT809B).(DOG núm. 5 do 11 de xaneiro de 2021). e no Concello no 982 43 30 01.