Beneficiarios: persoas traballadoras autónomas e microempresas afectadas pola crise da COVID-19 a través de dous programas:
Programa I de apoio ás persoas traballadoras autónomas (TR500A).
Programa II de apoio a microempresas para o mantemento do emprego e da actividade económica (TR500B).
As axudas concederanse polos seguintes importes para autónomos:
a) 1.200 € para as persoas que acrediten unha baixada de facturación entre o 45 % e o 60 %.
b) 2.000 € para as persoas que acrediten unha baixada de facturación de máis dun 60 % e de menos do 70 %.
c) 3.000 € para as persoas que acrediten unha baixada de facturación igual ou superior ao 70 %.
As axudas concederanse polos seguintes importes para microempresas e persoas traballadoras autónomas, sempre que teñan persoal contratado:
a) 4.000 € para as persoas ou entidades que acrediten unha baixada de facturación de entre o 45 % e o 60 %.
b) 5.000 € para as persoas ou entidades que acrediten unha baixada de facturación de máis dun 60 % e de menos do 70 %.
c) 6.000 € para as persoas ou entidades que acrediten unha baixada de facturación igual ou superior ao 70 %.
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.(18 febreiro do 2021).