CONTEDORES DE RECOLLIDA DE ACEITE DE COCIÑA

publicado en: Novas | 0

O Concello de Folgoso do Courel pon no seu coñecemento que veñen de ser instalados dous contedores de recollida de aceite de cociña usado.

Os aceites de cociña usados constituen un residuo cun alto poder de contaminación. O vertido polos desauges supón a proliferación de pragas e de microorganismos perxudiciais para a saúde e produce un alto porcentaxe das avarías na rede do alcantarillado. Polo que se debe separar doutros residuos, gardando en botellas de plástico cerradas, que logo se depositarán nestes contedores instalados en Folgoso no cruce do colexio e en Seoane diante do Bar Anduriña.