ORDE do 23 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a prevención dos danos que causan determinadas especies de fauna silvestre e se convocan para o ano 2022 (código de procedemento MT809D).
Ao abeiro desta orde subvencionarase:
a) Liña para a prevención de danos ocasionados polo lobo: para a adquisición e manutención de cans para a protección e defensa do gando, de pastores eléctricos e/ou de cerrumes de malla electrificada e para a adquisición e instalación de valados fixos, cuxa adquisición se faga, en todos os casos, con posterioridade á publicación desta orde.
b) Liña para a prevención de danos ocasionados polo oso: para a adquisición de pastores eléctricos, cuxa adquisición se faga con posterioridade á publicación desta orde.
c) Liña para a prevención de danos ocasionados polo xabaril: para a adquisición de pastores eléctricos, cuxa adquisición se faga con posterioridade á publicación desta orde.
O prazo de presentación das solicitudes de axuda será dun mes a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no DOG. (20 de xaneiro do 2022).
Toda a información en:
– https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220120/AnuncioG0532-271221-0001_gl.html
–CORRECCIÓN DE ERROS. Substitúese o anexo III da páxina 3214 polo que figura ao final desta disposición: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220127/AnuncioG0532-210122-0004_gl.html