AXUDAS PARA PROXECTOS DE INVESTIMENTO EN ACTIVIDADES NON AGRÍCOLAS

publicado en: Novas | 0

RESOLUCIÓN do 29 de decembro de 2021 pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións para proxectos de investimento en actvidades non agrícolas, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, e se anuncia a convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento MR708A).

Axudas destinadas a:

a) Adquirir maquinaria e equipamento co fin de mellorar, ampliar e/ou modernizar as empresas existentes que desenvolven actividades non agrícolas en zonas rurais, co fin de reforzar o tecido empresarial no territorio rural galego e mellorar a súa competitividade, inducir á xeración de novos empregos, consolidar os existentes e, en última instancia, dinamizar a economía dos territorios rurais.

b) Pór en marcha novas actividades empresariais de carácter non agrícola nas aldeas modelo declaradas con anterioridade á publicación destas bases reguladoras.

Dirixido a: Microempresas e pequenas empresas ubicadas en zona rural. Persoas físicas que residan nunha zona rural

Prazo de solicitude ata: 25/02/2022

Toda a información en:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220125/AnuncioO90-301221-0001_gl.html

https://agader.xunta.gal/gl/linas-de-axuda/empresas-non-agricolas