AXUDAS PARA MELLORA DA EFICIENCIA ENERXÉTICA EN VIVENDAS

publicado en: Novas | 0

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou o 3 de marzo a Resolución pola que se convoca o Programa de axuda ás actuacións de mellora da eficiencia enerxética en vivendas do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, para o ano 2022, con carácter plurianual (código de procedemento VI406E).

As persoas interesadas en levar a cabo unha obra de rehabilitación que reduza o consumo e mellore a eficiencia enerxética do seu fogar, principalmente un cambio de ventás, poderán presentar unha solicitude ao novo programa de axudas que convoca a Xunta de Galicia e acceder a un incentivo de ata 3.000 euros. Poderán ser beneficiarias das axudas as persoas físicas propietarias, usufrutuarias ou arrendatarias de vivendas. As axudas previstas nesta convocatoria poderanse solicitar desde o día seguinte ao da publicación desta resolución ata o 14 de outubro de 2022.

Toda a información na RESOLUCIÓN do 18 de febreiro de 2022 pola que se convoca o Programa de axuda ás actuacións de mellora da eficiencia enerxética en vivendas do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, para o ano 2022, con carácter plurianual (código de procedemento VI406E).