A unidade móbil de Inspección Técnica desprazarase ao Concello de Folgoso do Courel para realizar as inspeccións técnicas periódicas de vehículos agrícolas nas seguintes datas e emprazamentos:
- Antigo Colexio de Folgoso o día 12 de maio do 2022. O horario de atención será de 09:00 a 13:30.
- Área recreativa de Piñeira o día 13 de maio do 2022. O horario de atención será de 09:00 a 13:30.
Para solicitar cita previa:
- Por teléfono: 902 30 90 00.
- A través da páxina web: www.sycitv.com