COMPOSTAXE DOMÉSTICA

publicado en: Novas | 0

O Concello de Folgoso do Courel, ca axuda concedida ao abeiro da Orde do 30 de novembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para o financiamento de actuacións en materia de biorresiduos de competencia municipal, cofinanciadas polo Fondo Europeo relativo ao Mecanismo de Recuperación e Resiliencia da UE no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia- Financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, adquiriu 15 composteiros para promover a reciclaxe de residuos orgánicos.

Estes 15 composteiros entregaránse de forma totalmente gratuíta a 15 vivendas, sendo a condición indispensable posuír un espazo de horta e/ou xardín no que colocar o composteiro, que recibirán.

Os interesados poderán solicitalo nas oficinas municipais, de xeito presencial ou de forma telefónica chamando ó teléfono 982 43 30 01 e ata fin de existencias.