XVI FESTA DA SOLIDARIEDADE COAS PERSOAS MAIORES

publicado en: Novas | 0

Infórmase a tódalas persoas, de 65 e máis anos, empadroadas no Concello de Folgoso do Courel que o sábado 30/09/2023 celebrarase a XVI Festa da solidariedade coas persoas maiores do Concello de Folgoso no C.P.I. Poeta Uxío Novoneyra.

A festividade será gratuíta para tódalas persoas de 65 ou máis anos empadroadas no Concello de Folgoso do Courel e para a persoa, só unha, que acompañe a unha persoa de 65 ou máis anos. Con independencia de que reciban ou non a invitación por correo postal.

O Concello poñerá a disposición de tódalas persoas participantes na festa un servizo de transporte gratuíto.

Inscribirse antes do 28 de setembro presencialmente nas oficinas do Concello de Folgoso do Courel ou no teléfono 982 43 30 01. Importante confirmar si desexan acudir no servizo de transporte gratuíto que facilitará o Concello, onde se lles informará do horario aproximado da recollida.