Prevese a posibilidade de actuar sobre fachadas, cubertas e muros de peche e, como novidade, financiarase por primeira vez a retirada de elementos adxacentes aos bens nos que se vaia intervir cando estes prexudiquen a súa imaxe ou causen algún impacto.
As axudas poden acadar os 3.000 euros e o prazo para a presentación de solicitudes é dun mes contado a partir do 16 de xaneiro.