O Concello de Folgoso do Courel contratou unha persoa moza inscrita no Sistema nacional de garantía xuvenil, cofinanciada pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027.
Este programa ten por obxecto o financiamento de accións de fomento de emprego en colaboración con entidades locais para a contratación durante nove meses de persoas mozas, inscritas como demandantes nos servizos públicos de emprego e en situación de beneficiarias no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, co obxecto de proporcionarlles unha experiencia e práctica profesional que facilite a súa inserción laboral.