AXUDAS PARA PALIAR OS DANOS CAUSADOS POLO LOBO E O XABARIL

publicado en: Novas, Uncategorized | 0

ORDE do 3 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para paliar os danos producidos polo lobo e se convocan para o ano 2026 (código de procedemento MT809B)

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras dunha liña de axudas a favor das persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións gandeiras afectadas polos ataques do lobo ás reses das súas explotacións, coa finalidade de compensar os danos ocasionados no seu gando, e proceder á súa convocatoria para o ano 2026.

As achegas van dirixidas aos afectados por ataques que se comuniquen entre o 1 de outubro deste ano e o 30 de setembro de 2026.

ORDE do 21 de novembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para paliar os danos producidos polo xabaril nos cultivos agrícolas e se convocan para o ano 2026 (código de procedemento MT809E).

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras dunha liña de axudas a favor das persoas afectadas polos danos causados nos seus cultivos agrícolas polo xabaril, coa finalidade de compensar estes danos, e proceder á súa convocatoria para o ano 2026.

Esta orde comprende as axudas para os danos producidos polo xabaril nos cultivos agrícolas que se comuniquen desde o 11 de outubro de 2025 ata o 10 de outubro de 2026.