O próximo día 15 de xaneiro ás 14:00 horas na Casa do Concello en Folgoso do Courel, terá lugar unha charla explicativa do programa PRENDE! BOTA RAICES NO RURAL, da Deputación de Lugo.
Está dirixida aqueles mozos e mozas, maiores de 16 e menores de 30 anos, que desexen participar na formación dalgunha das materias específicas propostas que queiran asentar a súa vivenda nalgún concello dos participantes. A finalidade deste programa é a de contribuír a mellora da empregabilidade mediante a formación a través da Medida 8.2.3.1, “ GENERATE TU EMPLEO EN EL RURAL” consistindo na financiación dos custos directos de formación en materia de autoemprego e creación de empresas, así coma de formación especifica en materias de sectores concretos: hostalaría e turismo, enerxía e auga, agricultura e gandería e medioambiente, por considerarse estes sectores emerxentes e de gran potencialidade na nosa provincia.
Máis información no enlace: http://www.deputacionlugo.gal/temas/emprego/prende/genera