AXUDAS DO INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

publicado en: Novas | 0

O Instituto Galego de Vivenda e do Solo ven de publicar no Diario Oficial de Galicia nº 38 de 26 de Febreiro de 2020 as distintas liñas de subvencións para actuación de rehabilitación de vivenda fomentando a mellora da eficiencia enerxética e sustentabilidade, o fomento da conservación, e a mellora da seguridade e de accesibilidade. https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200226/AnuncioC3Q2-070220-0001_gl.html

As Bases reguladoras poderán consultarse no DOG numero 143 do 30 de Xullo (https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190730/AnuncioC3Q2-170719-0003_gl.html) , no Concello ou chamando o teléfono 982294602, o prazo para a presentación de solicitude finaliza o 26 de Marzo de 2020.

As solicitudes poderán presentarse en calquera dos rexistros habilitados pola Xunta de Galicia e dirixidas o Instituto Galego de Vivenda e do Solo, na oficina de Correos e no Sistema de Interconexión de Rexistros que se encontra no Concello.