REAPERTURA DA OFICINA MUNICIPAL DE TURISMO

publicado en: Novas | 0

O Concello de Folgoso do Courel reabre mañá mércores a Oficina Municipal de Turismo

► As instalacións foron habilitadas para cumprir con todas as garantías sanitarias

Folgoso do Courel, 19 de maio de 2020.-O Concello de Folgoso do Courel decidiu retomar a actividade na Oficina Municipal de Turismo, que abrirá de novo mañá mércores día 20 de maio.

O horario provisional da Oficina Municipal de Turismo será de mércores a domingo de 10:00 a 14:00 horas.

O número de teléfono para poder solicitar información é o 982 43 31 34

Preparación

A Oficina foi preparada atendendo ás recomendacións preventivas de saúde laboral ante o COVID-19 para as Oficinas de Información Turística elaboradas pola Xunta de Galicia. A guía de boas prácticas aplicouse para garantir a saúde no ámbito laboral das persoas traballadoras e tamén para ofrecer todas as garantías aos usuarios.

Antes de retomar a actividade fíxose unha limpeza e desinfección a fondo, que se seguirá levando a cabo de forma periódica. Unha vez abra a oficina, vaise garantir a distancia de seguridade de dous metros na atención ao público e cumprir coas normas sobre o aforo. Para iso foron instalados elementos de protección e barreiras, como unha mampara, carteis e adhesivos informativos.

Tamén se colocaron dispensadores de xel e será obrigatorio o uso das máscaras. Elimináronse os folletos turísticos e daranse as explicacións nunha pantalla informativa.