AXUDAS DO CONCELLO PARA EMPRESARIOS E AUTÓNOMOS

publicado en: Novas | 0

BASES PLAN DE AXUDA Á REACTIVACIÓN DA ACTIVIDADE ECONÓMICA NO MUNICIPIO DE FOLGOSO DO COUREL COMO CONSECUENCIA DA DECLARACIÓN DO ESTADO DE ALARMA PARA A XESTIÓN DA CRISE OCASIONADA POR COVID-19

1.- OBXECTO DA BASES

A situación xerada pola declaración do Estado de Alarma ante as consecuencias derivadas da crise económica provocada polo coronavirus COVID 19, supuxo a adopción de medidas de actuación para o impulso da actividade económica no Municipio de Folgoso do Courel. Para conseguir a reactivación dos sectores económicos  do noso municipio preténdese unha liña de axudas extraordinaria dotada con un orzamento de 25.000 euros, para actuacións no ámbito económico, mantemento da actividade económica e dos seus postos de traballo.

As presentes bases teñen por finalidade regular a concesión dunha liña de axudas para reducir o impacto dos danos económicos en negocios de empresarios/as e autónomos/as, ao terse visto afectados como consecuencia da declaración de estado de alarma para a xestión do COVID-19, ben por peche temporal ou por minoración ostensible da súa actividade.

Estas axudas serán compatibles con calquera outra subvención, axuda, ingreso ou recurso procedente doutras Administracións ou entes, públicos ou privados, rexionais, nacionais, da Unión Europea ou de organismos internacionais, sempre e cando o importe total das axudas que se perciba non supere as perdas económicas derivadas do COVID-19 e os gastos necesarios para adecuación de locais para a reapertura dos seus negocios.

2.- BENEFICIARIOS

Poderán ser beneficiarios destas axudas as persoas traballadoras por conta propia e as micropymes  que reúnan os seguintes requisitos:

  • Terse visto afectados como consecuencia da declaración do estado de alarma para a xestión do COVID-19, ben por peche temporal da actividade ou por minoración ostensible da súa actividade que supoña unha caída de máis do 75 % dos seus ingresos en relación coa media efectuada no semestre natural anterior á declaración do estado de alarma. Cando a persoa física ou xurídica non leve de alta os seus meses naturais esixidos para acreditar a redución dos ingresos, a valoración levarase a cabo tendo en conta o período da actividade.
  • Que a actividade afectada polo peche temporal disposto polo estado de alarma, non se teña visto compensada por un incremento da facturación mediante un aumento do volume de negocio online ou telefónico da persoa solicitante.
  • Que teñan o seu domicilio fiscal da actividade no municipio de Folgoso do Courel e radique no mesmo o centro de traballo afectado.
  • Que estean ao corrente de pago das súas obrigas tributarias e non tributarias co Concello de Folgoso do Courel e con outras administracións.
  • No caso de autonómos/as, estar afiliado como autónomo e coa alta en vigor na data da declaración do estado de alarma (14 de marzo de 2020)
  • No resto dos beneficiarios, estar legalmente constituídos e inscritos nos rexistros correspondentes, así como os dados de alta no Réxime de Seguridade Social ou Mutualidade que corresponda, na data da declaración do estado de alarma (14 de marzo de 2020).

3º.- ACCIÓNS OBXECTO DE AXUDA

Consideraranse actuacións obxecto desta axuda as seguintes:

  • As cotas relativas ao pago da cotización como traballador por conta propia no Réxime Especial de Traballadores Autónomos ou no que, no seu caso, corresponda da Seguridade Social ou en Mutualidades profesionais obrigatorias. Dito gasto non se considerará obxecto desta axuda cando teña sido subvencionado por outras administracións públicas.
  • No caso de autónomos/as ou micro pymes, se ten un ou máis traballadores ao seu cargo, gastos aboados ao persoal adscrito con data 14 de marzo de 2020. Será requisito previo ao cese temporal da actividade o cumprimento das garantías, obrigas e procedementos regulados na lexislación laboral.
  • No caso de cese de actividade que supoña unha caída de máis do 75% dos seus ingresos, deberá presentar a declaración e documentación requirida nestas bases.
  • Gastos de arrendamento de locais de negocio, sempre e cando non sexan parte dunha vivenda familiar e non exista relación de parentesco ata 2º grao de consanguinidade ou afinidade co/coa arrendador/a do local, nin sexa socio/a partícipe da persoa física ou xurídica que actúe como arrendador/a.
  • Gastos de mantemento de subministracións, maquinaria, instalacións e equipos adscritos directamente á actividade que se viña desenvolvendo.
  • Equipamento informático, tecnolóxico e formación relacionada coas novas tecnoloxías.
  • Asistencia experta externa para labores de desinfección dos equipos, instalacións e das persoas, así como, no seu caso adaptación dos locais esixidas pola normativa, exclusivamente en resposta á situación de continxencia.
  • A consultoría ou asistencia experta externa vinculada ao desenvolvemento, definición e implantación de solucións de conectividade e incorporación do teletraballo, de plans de seguridade ou continxencias, de plans de RRHH de conciliación, de plans de xestión da produción e a loxística e outros plans vinculados á resposta inmediata da situación de referencia.
  • Gastos correspondentes a primas de seguros da actividade
  • Pagos vencidos a proveedores da actividade.

4º.- PROCEDEMENTO DE CONCESIÓN E CONTÍA DAS AXUDAS

A contía total prevista para esta convocatoria é de 25.000 euros e aboarase con cargo ao Orzamento 2020, previas as modificacións orzamentarias precisas.

O importe máximo da axuda será de 1.000,00 €. A axuda deberá destinarse a paliar o impacto económico dos danos económicos resultantes do peche temporal de pequenos establecementos minoristas, de negocios por parte de empresarios/as e autónomos/as, ao terse visto afectados como consecuencia da declaración do estado de alarma para a xestión do COVID-19, ben por peche temporal ou por minoración ostensible de a lo menos o 75% da súa actividade, para todos aqueles solicitantes que cumpran os requisitos para ser beneficiarios.

O procedemento de concesión destas axudas será o de concorrencia competitiva. As axudas que se concedan serán adxudicadas tendo en conta os principios de publicidade, igualdade, concorrencia e obxectividade na concesión.

A axuda concederase á solicitudes que reúnan tódolos requisitos establecidos nestas bases, atendendo aos criterios que a continuación se relacionan e ata o esgotamento do financiamento dispoñible nesta convocatoria.

O persoal técnico do Concello de Folgoso do Courel estudiará e valorará as solicitudes presentadas e realizará de oficio cantas actuacións estime necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación dos datos aportados, en virtude dos cales deba formularse a resolución.

Unha vez avaliadas as solicitudes que cumpran tódolos requisitos, e ordenadas segundo os criterios establecidos, e finalizado o prazo de presentación de solicitudes indicado nas Bases, procederase á distribución do crédito previsto na convocatoria, de conformidade coas contías resultantes da aplicación do establecido no presente artigo e tendo en conta a contía máxima das axudas reguladas ata esgotar a dispoñibilidade orzamentaria.

A orde e importe da axuda adxudicarase tal e como se detalla a continuación:

Nº orde Situación do establecemento segundo o RD463/2020 de 14 de marzo Nº traballadores (incluído el/los promotor/es) Importe da axuda
1 Cese temporal da actividade 1 traballador 800,00 €
2 75% ou máis redución da facturación 1 traballador 600,00 €
3 Cese temporal da actividade 2 ou máis traballadores 1.000,00 €
4 75% ou máis redución da facturación 2 ou máis  traballadores 750,00 €

Todos os solicitantes destas axudas que presentaran en prazo a súa solicitude e cumpridos os requisitos establecidos nestas bases, que non teñan sido obxecto de concesión da axuda por terse esgotado o crédito inicial asignado, quedarán en reserva á espera dunha posible ampliación do orzamento destinado a esta convocatoria.

Os criterios das bases para o desempate son os seguintes:

  1. Solicitantes con discapacidade igual ou superior ao 33%.
  2. Mulleres.
  3. Prelación temporal entres solicitudes.

Aos efectos de determinar a prelación temporal entres solicitudes se considerará por esta orde, data e hora de presentación da solicitude. No caso de non estar completa, considerarase a mesma orde, unha vez completada tras o requirimento efectuado polo Concello.

5º.- DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR

A documentación que se presentará será a seguinte:

A)No caso de persoa física:

  • DNI/NIE do solicitante
  • Solicitude da axuda asinada pola persoa interesada ou representante do solicitante segundo modelo establecido. http://folgosodocourel.com/descarga/SOLICITUDE-AXUDA.pdf
  • No caso de que a solicitude a realice un representante deberá presentar autorización de representación.
  • Certificado actualizado de situación censal que indique a actividade económica coa súa data de alta, o domicilio fiscal e no seu caso do local de desenvolvemento da actividade.
  • Resolución/certificación da alta no Réxime Especial de Traballadores Autónomos ou a Mutua profesional correspondente.
  • En caso de ter traballadores ao seu cargo, Informe de Vida Laboral da Empresa expedido pola Tesourería da Seguridade Social no que se inclúa o número de traballadores.
  • Naqueles casos nos que non se viron afectados polo peche de establecementos disposto no RD 465/2020 de 17 de marzo, que modifica o artigo 10 do RD 463/2020 de 14 de marzo e teñan sufrido unha redución da súa facturación no mes anterior á solicitude da axuda de a lo menos o 75% en relación coa media efectuada no semestre natural anterior á declaración do estado de alarma, deberán acreditar esta redución mediante a aportación da información contable que o xustifique desde os 6 meses previos á declaración do estado de alarma (14 de marzo de 2020) ata a data de presentación da solicitude desta axuda:
    • Copia do libro de rexistro de ventas e ingresos ou libro rexistro de ingresos. Cando a persoa física non estea obrigada a levar os libros que acreditan o volume da actividade, deberán acreditar a redución a lo menos do 75 % esixida por calquera medio de proba admitido en dereito.
    • Cando a persoa física non leve de alta os 6 meses naturais esixidos para acreditar a redución dos ingresos, a valoración levarase a cabo tendo en conta o período de actividade.
  • Certificado de discapacidade igual ou superior ao 33 %, no seu caso.
  • Declaración responsable asinada pola persoa interesada ou representante do solicitante segundo modelo establecido. http://folgosodocourel.com/descarga/DECLARACION-RESPONSABLE.pdf http://folgosodocourel.com/descarga/DECLARACION-OUTRAS-SUBVENCIONS.pdf

B)No caso de persoas xurídicas, sociedade civil, comunidade de bens ou outras entidades económicas sen personalidade xurídica:

  • Solicitude de axuda asinada pola persoa interesada ou representante do solicitante segundo modelo establecido. http://folgosodocourel.com/descarga/SOLICITUDE-AXUDA.pdf
  • No caso de que a solicitude a realice un representante, deberá presentar autorización de representación.
  • Certificado actualizado de situación censal de persoa xurídica, sociedade civil, comunidade de bens ou outras entidades económicas sen personalidade xurídica que indique a actividade económica coa súa data de alta, o domicilio fiscal e no seu caso o do local de desenvolvemento da actividade.
  • Contrato de constitución debidamente rexistrado da sociedade civil, comunidade de bens ou outras entidades sen personalidade xurídica.
  • Escritura de constitución e estatutos actualizados inscritos no correspondente Rexistro.
  • Poderes do representante legal.
  • DNI/NIE do representante legal.
  • En caso de ter traballadores ao seu cargo, Informe de Vida Laboral da Empresa expedido pola Tesourería da Seguridade Social no que se inclúa o número de traballadores.
  • Alta no réxime da Seguridade Social correspondente da persoa administradora.
  • Naqueles casos nos que non se viron afectados polo peche de establecementos disposto no RD 465/2020 de 17 de marzo, que modifica o artigo 10 do RD 463/2020 de 14 de marzo e teñan sufrido unha redución da súa facturación no mes anterior á solicitude da axuda de a lo menos o 75% en relación coa media efectuada no semestre natural anterior á declaración do estado de alarma, deberán acreditar esta redución mediante a aportación da información contable que o xustifique desde os 6 meses previos á declaración do estado de alarma (14 de marzo de 2020) ata a data de presentación da solicitude desta axuda:
    • Copia do libro de facturas emitidas

Cando a persoa xurídica non estea obrigada a levar os libros que acrediten o volume de actividade, deberán acreditar a redución a lo menos do 75% esixida por calquera medio de proba admitido en dereito.

Cando a persoa xurídica no leve de alta os 6 meses naturais esixidos para acreditar a redución dos ingresos, a valoración levarase a cabo tendo en conta o período de actividade.

6º.- OBRIGAS DAS PERSOAS E ENTIDADES BENEFICIARIAS.

  • Manter a actividade empresarial durante 6 meses, como mínimo a partir da resolución de concesión destas axudas.
  • Igualmente, os beneficiarios das axudas deberán manter a plantilla media de traballadores que tiñan na data de entrada en vigor do Real decreto 463/2020, de 14 de marzo, durante, a lo menos, os seis meses seguintes á finalización do período de peche obrigatorio e/ou diminución da actividade.
  • Someterse ás actuacións de comprobación e control financeiro previstas pola vixente normativa en materia de subvencións.
  • Proceder ao reintegro dos fondos percibidos por obter a axuda falseando as condicións requiridas para elo, ou ocultando aquelas que o tiveran impedido, ou mostrar resistencia, excusa, obstrución ou negativa ás actuacións de comprobación e control financeiro previstas na normativa de subvencións.
  • Os beneficiarios destas axudas estarán obrigados a prestar colaboración, e facilitar cantas evidencias sexan requiridas no exercicio das funcións de control que leve a cabo o Concello de Folgoso do Courel.
  • Os beneficiarios destas axudas, coa presentación da solicitude da axuda, autorizan expresamente ao Concello de Folgoso do Courel a solicitar e/ou facilitar información a outras administracións e empresas públicas co obxecto de realizar as labores de comprobación e control da mesma en calquera das súas fases.
  • Os beneficiarios das presentes axudas estarán sometidos ás responsabilidades, infraccións e sancións reguladas na normativa de subvencións.

7º.- XUSTIFICACIÓN E PAGO DAS AXUDAS

A xustificación destas axudas e o cumprimento da súa finalidade consideraranse realizadas, mediante a presentación de toda a documentación esixida nestas bases, polo que unha vez resolta a concesión da axuda tramitarase o pago da mesma á persoa beneficiaria. Non entanto, no prazo dun mes desde a resolución da concesión da axuda, as persoas beneficiarias terán a obriga de presentar a documentación xustificativa do gasto realizado especificado no apartado 3º ao que destinaron a presente axuda e declaración responsable de que o mesmo non foi obxecto de ningunha outra subvención. Todo elo, sen perxuízo do previsto no artigo anterior en relación coas obrigas das persoas e entidades beneficiarias.

A forma de pago realizarase mediante transferencia bancaria á conta indicada polo solicitante na solicitude.

8º.- SEGUIMENTO, INSPECCIÓN E CONTROL

O Concello de Folgoso do Courel poderá levar a cabo as actividades que considere oportunas para controlar o cumprimento das obrigas contidas nestas bases. Neste exercicio, as persoas beneficiarias deberán aportar canta información lles sexa requirida, no seu caso.

9º.- PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES E PRAZO.

As solicitudes, que irán acompañadas da documentación e información requiridas presentaranse no Rexistro Xeral do Concello. A presentación da solicitude de axuda fóra do prazo establecido será causa de inadmisión.

Se a solicitude non reúne os requisitos establecidos nas presentes bases, requirirase á persoa interesada para que o subsane nun prazo máximo e improrrogable de 3 días hábiles, indicándoselle que se non o fixera se lle terá por desistido da súa solicitude.

Poderá presentarse unha única solicitude por EMPRESA ou persoa traballadora por conta propia. A solicitude deberá cumprimentarse na súa totalidade. Os datos non aportados, total ou parcialmente, non serán tidos en conta a efectos de valoración.

O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días hábiles desde a publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Lugo.

10º.- DEBER DE INFORMACIÓN NO TRATAMENTO DE DATOS PERSOAIS

De conformidade coa normativa vixente en materia de protección de datos, infórmase que os datos persoais facilitados polos solicitantes que participan neste proceso de solicitude de axudas, ou no seu caso, polos que resulten adxudicatarios serán tratados polo Concello de Folgoso do Courel. Estes datos son recollidos e tratados polo Concello de Folgoso do Courel, coa finalidade de xestionar o proceso de concesión de axudas e controlar o cumprimento das obrigas indicadas nas presentes bases e todo iso de conformidade coa normativa de contratación do sector público e outras leis administrativas.

A recollida e tratamento destes datos é lícita en base á necesidade de cumprir coas obrigas legais da normativa do sector público e, no seu caso, xestionar a concesión destas axudas, cando resulte adxudicatario. Os datos serán tratados de maneira confidencial e só serán comunicados ao Tribunal de Contas e a outros órganos da Administración Estatal ou Autonómica con competencias na materia, así como a outras entidades ou terceiros sempre e cando se cumpran as esixencias establecidas na vixente lexislación de protección de datos. Os datos serán conservados durante os prazos establecidos nas normas do sector público e outras normas que poidan ser de aplicación.

11º.- RÉXIME XURÍDICO

A interpretación e aplicación da presente convocatoria realizarase conforme ás normas nacionais e comunitarias que resulten de aplicación ao obxecto destas axudas, expresamente:

  • Regulamento (CE) nº 1998/2006 da Comisión, do 15 de decembro de 2006, relativo á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado de Axudas de Mínimes.
  • Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións
  • Real Decreto 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións.
  • Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
  • Decreto 11/2009, de 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
  • A lexislación básica do Estado reguladora da Administración Local (art.25 e 72 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local e arts. 40, 189.2 e 214.2 da Lei reguladora das Facendas Locais, Texto Refundido aprobado polo Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo)