AVISO: Debido ao corte da estrada LU-651, estas son as rutas alternativas para entrar e sair do Concello de Folgoso do Courel. Preme no seguinte enlace:

https://www.google.com/maps/d/viewer?mid=1M_KnP5egTY7W_8Ujm2X3R4kRe4L3lzA2&ll=42.603913018117126%2C-7.2063920000000055&z=11

O concello de Folgoso do Courel está situado ao sureste da provincia de Lugo, limita cos concellos lucenses de Quiroga, Pobra do Brollón, O Incio, Samos e Pedrafita do Cebreiro e cos leoneses de Barjas e Oencia.

As principais vías de acceso ao concello de Folgoso do Courel son:

– polo sur a N-120 (Logroño-Vigo) ata Quiroga, en Quiroga coller a LU-651 a Folgoso-Seoane.

– polo norte a A-6 (Madrid-A Coruña) ata Pedrafita do Cebreiro, en Pedrafita do Cebreiro coller a LU-633 e seguir indicadores de O Courel.