No Xeoparque Mundial da Unesco Montañas do Courel existen 5 sectores para a práctica do barranquismo, denominados Folgoso do Courel, Seceda, Campodola, Soldón e A Seara-Ferramulín. Os dous primeiros localizanse no Concello de Folgoso do Courel. Para a práctica do barranquismo necesitase contar co permiso da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, órgano autonómico competente en materia de conservación da natureza para autorizar esta práctica según o Plan Director da Rede Natura 2000.

  • Sector Folgoso do Courel

No sector Folgoso do Courel atopamos o Canón do Carballido en Folgoso, o Carrozo da Freita en Eiriz e o Carrozo do Inferno en Vidallón.

Unha das mellores zonas da comunidade galega para a práctica do descenso de canóns atópase no Canón do Carballido, situado na localidade de Folgoso aos pes do Monte Pía Paxaro, unha zona configurada por cinco barrancos que se atopan en tan só 3 km2: verticais, horizontais, combinables entre si, de un nivel deportivo excelente e diferentes a todo o que se coñece de Galiza.

Durante os anos  2013 – 2014  o espeleo club Rei Cintolo de Mondoñedo estivo traballando na zona e acondicionándoa para o descenso, en 2015 tivo lugar o XXV Campamento Galego de Descenso de Canóns organizado polo club mindoniense, co que quedou inaugurada e se deu a coñecer esta zona nova para a práctica do barranquismo.

O canón do Carballido está configurado por cinco barrancos  que se enmarcan nunha paisaxe espectacular, de gran nivel deportivo e de moi fácil acceso.


CANÓN DO CARBALLIDO SUPERIOR:  O barranco  que na súa cabeceira forma o inicio da espiña dorsal dos barrancos da zona. Inevitable combinación  co canón do Carballido intermedio. De alto  interese xeolóxico, mestura cuarcitas, lousa e floracións de manganeso, escondido entre a vexetación, pero de evidente emprazamento a simple vista, dada a súa pendente continua. Moi variado no seu percorrido, continuo, de nivel técnico medio-baixo, con caudal permanente. Espectacular encontro co canón das Coiteladas e Carballido intermedio.


CANÓN DAS COITELADAS:  Vertical, continuo, corto e sinuoso. De rocha cuarcita e lousa branda, aparecendo en algún punto  aportes ferruxinosos. É a vertical máis visible e emblemática da zona, que se aprecia dende o camiño de aproximación, tamén coñecida na zona por Fervenza de Campo do Seixo. Inevitable  combinación co canón do Carballido intermedio .Variado no seu percorrido de nivel técnico medio – alto, con caudal escaso en verán. Desemboca na unión do Carballido intermedio e superior.


CANÓN DO CARBALLIDO INTERMEDIO:  O Barranco diferente a todos os da zona. De traballo continuo de resaltes, tobogáns e rápeles, sen escape algún entre dúas verticais, progresión sen aburrimento. Esteticamente sorprendente, escondido entre vexetación, con paredes verdes cheas de musgo, formado por cuarcita cor laranxa e esquistos de lousa, sempre con caudal, atención en algún destrepe  con caudal alto. De imposible realización sen acceder por Coiteladas ou Carballido Superior.


CANÓN DE FEIENTEIRAS:  Sinxelo barranco combinable con Rego do Val, acuático con caudal permanente, augas frías e de rápeles e destrepes curtos pero intensos. Formado por esquistos de lousa moi brandos polas condicións de humidade e case carencia da entrada do sol pola orientación Sur-Norte.


REGO DO VAL A estrela  da zona, sorprende por inesperado, continuo e vertical con maiúsculas. Si se realiza con caudal alto, pode considerarse tecnicamente delicado en algúns puntos. Con caudal medio e baixo, que é o habitual, segue sendo  técnico e moi estético. Formado por 19 rápeles o último de 30 metros,  Fervenza da Pedreira , encaixados, acuáticos e verticais, sen ensacar a corda en ningún momento. Formado por esquistos de lousa brandos.


En Eiriz está o Carrozo da Freita, un barranco dunha lonxitude de 900 metros e un desnivel de 140 metros. Barranco sobre pizarras silúricas moi resbaladizas.


Cerca de Vidallón atopamos o Carrozo do Inferno que se preparou para o barranquismo no 2017. Ten 550 metros de lonxitude e 135 metros de desnivel con 6 rápeles de entre 8 e 15 metros de altura.


  • Sector Seceda

FORGAS DO FIAL: Espectacular descenso sito na aldea de Seceda, pobo que non debemos deixar de visitar. Río moi acuático, cheo de sorpresas, en forma de pozas de auga cor ocre, tapizadas de musgo nas suas paredes, vexetación singular, diversas formacións propias de covas, e moi deportivo nos seus rápeles, todos e cada un, a cal mais singular. Como e posible realizalo con caudal alto, pode ser delicado en algún punto, que haberá que destrepar, pero case sempre se poden salvar con pequenos saltos que ó largo do río son abundantes. Formado como é habitual na zona, en esquistos pizarrosos, brandos moi tallados pola forza das augas que son permanentes todo o ano.