- FESTA DA CASTAÑA
A festa da castaña de Folgoso do Courel celébrase a principios do mes de novembro e ten lugar no souto da carroza en Folgoso os anos pares e no campo da feira en Seoane os anos impares. Durante toda a xornada pódese ver a elaboración do magosto de forma tradicional e degustar de forma gratuita castañas asadas e viño. Todo elo acompañado de actuacións musicais, talleres e demostracións de temática variada, así como postos de venda de produtos locales e de artesania. Levase facendo dende o ano 1986 e no 2013 foi declarada Festa de Interese Turístico de Galicia.
Algúns dos programas de edicións pasadas:
- FILANDÓN DE MÚSICAS DE O COUREL
Celébrase a principios de agosto na Ferrería de Seoane. Foi impulsado polo gaiteiro oriundo do Courel, Xosé Lois Foxo, presidente da Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense. Creouse para dar a coñecer as músicas populares da serra e homenaxear aos veciños que as mantiveron vivas. Foi declarada Festa de Interese Turístico e Cultural no ano 2010.
Algúns dos programas de edicións pasadas:
- FESTA DA PISA DA CASTAÑA
Festa que se celebra a principios de decembro en Froxán, organizada pola Asociación Cultural Fonte do Milagro. Festa de alto valor etnográfico, pois durante a xornada recrease o secado e pisa da castaña seca, que consiste en desprender a cáscara da castaña seca cunha serie de golpes contra un tronco.
Algúns dos programas de edicións pasadas:
- FESTA DA CULTURA E A TRADICIÓN
Dende o ano 2012 a asociación cultural A Coroa organiza en julio a festa da cultura e a tradición, no souto da carroza en Folgoso. A festa empeza ca carreira de carrilanas e logo a competición de xogos tradicionais. Tamén forman parte do programa a artesania e a música tradicional.
Algúns dos programas de edicións pasadas:
- ENCONTRO DE ARTESANS SERRA DO COUREL
A principios do mes de xuño, no lugar de Vilamor, celébrase esta feira de artesania organizada pola asociación cultural Fonte do Milagro. Nela pódense ver demostracións de diferentes oficios, artesans traballando e venta de produtos.
Algúns dos programas de edicións pasadas:
- FEIRA DE SEOANE
O Concello de Folgoso do Courel, en colaboración ca Asociación San Xoán de Seoane do Courel, organiza un día de Feira na localidade de Seoane, no mes de maio. O obxectivo deste evento é potenciar, polo menos unha vez ao ano, o mercado que se celebraba en Seoane cada 2º e 4º domingo de cada mes. A feira pretende recrear aquel mercado, ambientando o escenario da feira con decoración e vestimenta de principios do século XX.
Algúns dos programas de edicións pasadas: