Na serra do Courel atopamos paraxes naturales polas que descorren espectaculares rutas de sendeirismo que nos levan a lugares de especial beleza onde podemos atopar: castros, covas, minas, aldeas de gran interese etnográfico ….etc. Por iso, o Courel é un dos paraisos naturales de Galicia; conta con mumerosos recursos naturales, patrimoniales e culturales que o fan un lugar máxico e especial.
- Oficina Municipal de Turismo
Situada en Folgoso do Courel, na rúa Deputación, horario de mércores a sábado de 10:00 a 14:00 e de 15:30 a 18:30 horas, domingo de 10:00 a 14:00 horas. Teléfono: 982 43 31 34.
- Centro de Interpretación das Covas de Meiraos
Situado en Meiraos, ofrece información da formación, bioloxía, paleontoloxia e arqueoloxia das covas do Courel. Solicitar información para visitas na Oficina Municipal de Turismo.Teléfono: 982 43 31 34.
- Aula da Natureza de Moreda
Situada en Moreda, dependente da Xunta de Galicia, ofrece información durante todo ano da Devesa de Rogueira e nela lévanse a cabo diferentes actividades.Teléfono:
669 90 60 30.
- Estación Científica de Seoane
Situada en Seoane do Courel e dependente da Universidade de Santiago de Compostela. É un edificio dotado de instalacións e equipamentos destinados a investigación e a docencia. Teléfono: 982 82 19 01.
No Caurel, e en particular o val do Rio Lor, hai numerosos asentamentos castrexos, denominados “mineiros” pola súa posible vinculación ás explotacións auríferas e ao traslado do mineral polo Lor, xa que moitos dos castros localízanse nas súas ladeiras como gardando o paso.
- Castro de Vilar
Atópase a uns 500 metros da localidade de Vilar (a 7 quilómetros de Folgoso). Este espectacular xacemento, do século I d.C., ocupa a cota máis alta dun esporón de lousa, arredor do que debuxa un marcado meandro o río Lor. Grazas ás súas fortísimas pendentes, o xacemento é case inexpugnábel en todo o seu perímetro, agás polo sur. Para garantir a defensa deste extremo, construíuse un potente sistema defensivo de catro foxos, e reforzouse con tres torres. A topografía irregular limitaría moito a superficie habitábel do castro, polo que se construiron socalcos, con utilidade construtiva e defensiva.
- Castro de Vilamor
Situado a poucos metros por encima do núcleo de Vilamor. Destaca polas pedras fincadas no chan como sistema defensivo, laxes de lousa colocadas de canto e practicamente pegadas entre si, o que faría un efecto de coitelas que dificultarían moitísimo o paso.
- Castro da Torre
Está próximo á localidade de Sobredo (a 7 qm. de Folgoso), para chegar desviarémonos polo camiño da dereita na estrada de Sobredo, seguimos de frente e logo a esquerda. Comenzado a construir no século I d.C. sobre un esporón de lousa que se eleva 300 m. sobre a beira dereita do río Lor. Mide 150 por 45 m nos seus eixes maiores, e está delimitado por unha muralla e un gran foxo no seu extremo NW. Este foxo mide 120 m de longo, ten un fondo de 16 m e un ancho que varía entre os 5 e 20 m. O poboado está conformado por dous recintos dispostos en liña ao longo do esporón rochoso.
- Castro de Seceda
Dende a aldea de Seceda, facendo unha ruta a pé de 2,8 quilómetros, podemos visitar o seu castro. Ten un dos mellores sistemas defensivos da comarca con pedras fincadas, fosos e murallas. A superficie de ocupación deste xacemento achégase aos 5.000 m2.
- Castro de Monte Cido ou Torre Cabreira
Xacemento sito na parte alta dun gran esporón, protexido por defensas naturais e ao menos tres foxos. As construccións sitúanse na ladeira meridional. Aqui atopáronse dúas pezas romanas que se conservan no Museo Provincial de Lugo: a Táboa da Hospitalidade e a Aguia de Carbedo. A Tábula Hospitalis é unha lámina rectangular de bronce, co texto dun pacto de protección subscrito no ano 28 d.C.. A Aguia de Carbedo ou Aguia do Caurel é unha pequena escultura de bronce que se pensa formaba parte do remate dun estandarte militar. Anos despois dese descubrimento atopouse outra tabula, atribuíble ao ano 1 da nosa era, de idéntico metal e características que se atopa depositada no Museo do Castelo de San Antón na Coruña.
- Outros Castros
Paderne, San Estevo en Meiraos, Froxán, Parada, Teso do Castro en Ferreirós de Arriba, Esperante, Romeor, Fouciños en Sobredo, Mogoxe, Brío en Mercurín, Miraz, Foz.
Os Romanos asentaronse no Courel para explotar os abundantes xacementos auríferos existentes. Extraían o mineral mediante o sistema de «ruína montium”: o mesmo sistema empleado nas Médulas de O Bierzo. Unha vez que os enxeñeiros romanos localizaban unha superficie na que a concentración de ouro permitira a súa explotación, empezaban os traballos para por en funcionamento a mina. Esencial neste traballo era a forza da auga, e para iso buscaban ríos ou regatos, construían unha presa da que saía unha canle ata chegar a uns depósitos que situaban enriba da mina. Aí acumulaban miles de metros cúbicos de auga para enviar polas galerias. Estas galerías non tiñan saída, polo que ao recibir de súpeto o volume de auga, provocaba unha explosión. De estas explotacións quedan restos visibles:
- Tunel e acueducto romano de Romeor
O Túnel de Romeor, Cova do Penedo ou Galería da Antiga é un tunel construído no século I d.C.. Se ben este elemento non é, como tal, un xacemento arqueolóxico, si que formou parte dun amplísimo complexo mineiro de extracción de ouro na época altoimperial. Con cerca de 60 m de lonxitude, 1,5 m de ancho e unha altura de 1,8 m. forma parte dunha canle de subministro de auga ás explotacións de Torubio, O Broncedo e Os Buracois.
- Mina da Toca
A Mina da Toca chegou aos nosos días nun perfecto estado de conservación. Atópase sobre o bordo dunha escarpada falla que se eleva máis de 250 metros en vertical da marxe dereita do regato de Vilela, na súa desembocadura no río Lor. É unha explotación aurífera romana a ceo aberto na que seguiron os filóns de seixo aurífero incrustados na rocha de xisto cristalino. O ouro, cunha riqueza media de 0,2 gramos por cada 1.000 kg de rocha, atópase nos filóns de seixo transversais ao eixe da mina e nos de arenisca en contacto con eles. O máis salientable é a gran corta ou fendedura de explotación, con 670 metros de lonxitude, anchura variable de 40 a 95 metros e fondura desde os 15 ata os 30 metros. Nesta mina consérvanse todas as estructuras empregadas : canles de distribución/explotación, depósito de explotación, corta de explotación, galeria de minado, galería de prospección, rocha abatida e preparada para ser moída, filóns de seixo e arenita auríferos, embudes e canles de drenaxe.
- Minas do torubio
- Mina de Millares
- Mina de Monte Barreiro
- Aldea de Froxán
A aldea de Froxán, a 450 metros de altitude, forma un conxunto urbano de reseñable interese arquitectónico. Foi declarada Ben de Interese Cultural no ano 2006, na categoría de lugar de interese etnográfico. Forman parte do conxunto as casas, a capela de Santo Estevo, as airas, os fornos, a Fonte do Milagro, as alvarizas e os sequeiros.
- Aldea de Seceda
A aldea de Seceda, a 750 metros de altitude, foi declarada Ben de Interese Cultural no ano 1997, con categoría de lugar de interese etnográfico. As casas son de pedra, con portas e ventas de madeira, e cuberta de pizarra. As rúas son estreitas e protexidas por corredores aéreos que comunican unhas vivendas con outras. Únense as vivendas, formando parte do BIC, as rúas empedradas en “chapacuña”, airas, fornos, alvarizas, sequeiros, a fonte e a Igrexa de San Silvestre.
As devesas son bosques de tipo atlántico orientados ao norte en ladeiras empinadas e húmidas. Dende o punto de vista botánico son formacións moi hetereoxeneas, nas que se mezclan faias, robles, bidueiros, avelaneiras, freixos, pradairos, carnabudos, acivros, teixos, etc con un sotobosque moi diverso e con especies únicas en Galicia.
- Devesa da Rogueira
A Devesa de Rogueira é a xoia botánica da serra. Ten unha extensión de 3 quilómetros cadrados, pertencente ao núcleo de Moreda, e está rodeada de altos cumes como o Pico de Formigueiros (1639 m). Serve ademáis de refuxio a un número importante de animais. O conxunto complétase ca proximidade da Aula da Natureza, da que parte o roteiro da devesa e que ofrece información e diversas exposicións.
- Miradoiro da Pena do Teso Grande
Situado na estrada LU-P-4701, cerca de Froxán. Dende o cal podemos observar tamén a aldea de Castro Portela e parte do pregamento deitado das Montañas do Courel.
- Miradoiro de Penaboa
Situado no Pico dos Bois a 1.457m de altitude, ao que se accede a pé, e próximo ao Piapaxaro (un dos cumes máis altos do concello), este miradoiro ofrece unhas vistas espectaculares dunha parte do Xeoparque Montañas do Courel.
- Miradoiro de Pico Polín
Situado no Pico Polin, e ao que se chega a pé, facendo a ruta da Devesa de Rogueira. Ofrece vistas espectaculares da propia devesa e de núcleos de poboación da parte alta do concello.
- Miradoiro do Alto do Boi
O xeomiradoiro do Alto do Boi atópase pasado o km 12 da LU-651 dende onde pode verse Vilar, Vilamor e parte do val do Río Lor.
- Miradoiro do Castelo do Carbedo
Este miradoiro atópase na estrada que une Seoane do Courel con Visuña. Dende este miradoiro observase a poucos metros o Castelo do Carbedo nun promontorio calcario de entre corenta e cincuenta metros de altura e foi declarado Ben de Interese Cultural (BIC). Trátase dun antigo Castelo posteriormente transformado en torre medieval militar, estratéxicamente situado para dominala entrada a Galicia dende León. Soamente se conservan algúns muros e ruinas da torre circular.
- Miradoiro de Mostaz
Situado na estrada que une as aldeas de Mostaz e Millares. Este mirador ofrece vistas da Mina da Toca (mina romana de ouro)
- Area Recreativa de Traspando
Area recreativa na salida de Folgoso do Courel cara Seoane do Courel. Serve tamén de miradoiro do val do río Lor e dos alvares de sudrios.
As fervenzas son moi abundantes na serra do Courel debido por un lado á cantidade de auga que se acumula debido as chuvias invernais e por outro á característica orografía e litoloxía que conforma a serra. Algunhas delas atópanse en rutas e outras son accesibles dende as estradas principais.
- Fervenza da Pedreira
A unhos 250 metros da estrada LU-651 na entrada de Folgoso. Forma parte do Rego do Val, afluente do Carballido. A fervenza ten sobre 30 metros de altura sobre pizarra.
- Fervenza de Rexio
A 600 metros de Baldomir pola estrada LU-4701 hacia Vilamor. A fervenza ten unha altura de 30 m sobre paredes de lousa e as súas augas son de cor ocre debido ao elevado contido en ferro.
- Fervenza de Albardaira
Ao carón da estrada LU-651 entre Folgoso e Seoane. O Rego de Albardaira é afluente do río Lor e presenta fortes variacións no seu caudal, mesmo chegando a secar en veráns moi calurosos.
A Asociación Galega de Custodia do Territorio no ano 2015 puxo a andar un proxecto co obxectivo principal da creación das Microrreservas da Serra do Courel para a conservación das poboacións de orquídeas e especies incluídas dentro do Catálogo Galego de Especies Ameazadas a través da restauración dos hábitats pratenses e rochosos da zona, así como da divulgación dos seus valores naturais. Realizáronse unha serie de tarefas como delimitación de catro microrreservas, inventarios e plans de xestión, acordos cos propietarios das parcelas e sinalización. As 4 microrreservas son: Microrreserva Afloramento de Visuña, Microrreserva Alto da Pedra, Microrreserva Alto do Couto e Microrreserva Monte Cido. No ano 2019 incorporouse a Microrreserva de Horreos. Toda a información neste enlace: https://www.custodiadoterritorio.org/microrreservas-da-serra-do-courel
No Concello de Folgoso do Courel documéntanse máis de 20 covas, que se desenvolven sobre calcarias cambricas, das máis antigas do mundo, o que lle achega un evidente valor científico. Foron en moitos casos vivenda e lugar de refuxio no pasado. Nelas viven poucas especies actualmente pero moi especializadas. Por todo isto temos a obriga de conservalas para xeracións futuras. O concello foi declarado Zona Especial de Conservación na Rede Natura 2000, e dacordo co Plan Director desta rede algunhas actividades, como a espeleoloxia, encontranse sometidas a autorización por parte do órgano autonómico competente en materia de conservación da natureza. No momento de realizar a túa actividade debes contar co permiso da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.
- Sima de Aradelas
Está na localidade de Campelo (a 9 Km. de Seoane). É a cova máis profunda de Galicia cos seus 137 metros de profundidade. O acceso realizase dende Seoane hacia Campelo e podese ir en coche. Dende este punto teremos que realizar unha ascensión de 300 metros a pé polo sendeiro que se atopa sinalizado hacia o pico de Campelo e a dereita veremos a entrada da Cova.
- Cova de Tralacosta en Paderne
Para chegar teremos que ir pola localidade de Paderne e descender ata cruzar O río Pequeno, e logo ascender pola ladeira. Ten incribles salas subterraneas de estalactitas e estalagmitas. Unha cova dividida en dúas partes, unha simple galería de uns 80 metros de longo con formacións bastante deterioradas pero que no seu remate ábrese un pozo vertical de uns 20 metros de profundidade que dá acceso a unha das salas máis fermosas da Península Ibérica. Acceso a pé bastante duro, a sala inferior só está ao alcance de expertos solamente: compre facer rápel a escuras.
- Cova do Taro da Lastra en Mostaz
A 450 metros do pobo na ruta hacia a mina de Torubio, cova de desenvolvemento horizontal (200 metros aprox), ideal na súa primeira parte para a iniciación a espeleoloxía. Consta dun tubo de entrada de uns 10 metros donde se teñen atopado restos cerámicos do século XI e posiblemente, a falta dunha excavación a fondo, conteña restos de épocas anteriores. Ten unha sala ampla bastante deteriorada seguida dunha zona máis técnica no fondo da cal se atoparon dous esqueletos fosilizados de Oso das Cavernas (están no Museo de Ciencias da Universidade de Santiago de Compostela).
- Cova da Ceza
Encóntrase en Noceda (a 8 quilómetros de Seoane), ten uns 680 metros de lonxitude nos cales o visitante atoparase con grandes salas comunicadas por pasos estreitos a través dos cales discurre un regato de agua procedente dun lago de 25 metros de profundidade localizado ao final. Unha das grandes covas do Courel, máis de .1200 metros de desenvolvemento horizontal. Polo seu interior discurre un río, e no fondo dela hai un fermoso lago subterráneo que da paso a unha serie de cavidades inundadas aptas somentes para espeleobuceadores moi expertos. Nesta cova atopouse un alfileteiro de oso tallado e restos fósiles.
- Buraca das Choias
Na saída de Visuña cara a Seara á dereita, a uns 150 metros da carretera, unha formación xeolóxica única en España na que nace un río. Tecnicamente asequible no verán e no outono, consta dunha gateira de entrada e unha sala bastante ben conservada. Actualmente en estudio.
- Cova do Oso
Está en Moreda, andando uns 20 minutos, situada aos pés duns resaltes rochosos emprazados a dereita do camiño que conduce a Devesa de Rogueira, pouco antes de introducirse no bosque. Ten certo interese arqueolóxico xa que se teñen atopado nela restos de cerámica.
- Buraca das Grellas ou Sima Teixeira
Ao chegar ao «Alto do Golado» desde Seoane, divisase a localidade de Teixeira. Se tomamos o camiño a esquerda chegaremos ao lugar de A Poza, onde atoparemos esta cova de grande profundidade. A de máis desarrollo de Caurel, uns 3.000 metros.
- Cova de Chao dos Mazaricos en Paderne
No alto da marxe dereita da devesa da Escrita, pode accederse a ela pola pista que sube ao cordal da serra, unha forte pendente. A cova está ao pé dun vello e grande teixo, ten uns 90 metros de longo e unhas formacións espectaculares. Técnicamente doada, pero de compricado acceso.
- Cova da Arcoia en Céramo
A cova máis fermosa de Galicia, con abundantes restos fósiles e sen explorar na súa totalidade. Moitísimas formacións xeolóxicas, tecnicamente moi compricada.
- A gran sima de Tara en Visuña
Comunicada posiblemente con Arcoia, descenso vertical que dá paso a unha ampla cova moi perígosa polos desprendementos.
- Cova das Choias de Moreda
A 20 metros do Carrozo da Gralleira e a 3 da pista que une Moreda con Campelo, ten a lenda dun tesouro agochado polos habitantes do Cido. Extremadamente perigosa.