A aldea de Seceda foi declarada ben de interese cultural (BIC), coa categoría de lugar de interese etnográfico, no ano 1997 (DOG n.º 150, mércores 6 de agosto de 1997).

San Silvestre de Seceda foi no seu tempo unha das parroquias máis importantes do Courel, cando os carros cargados con mineral pasaban por aquí cara á ferrería de Lousadela, na ribeira do río Lóuzara. O illamento que padeceu durante moito tempo, apartada das principais vías de comunicación, contribuíu en gran medida ao seu despoboamento, pero ao mesmo tempo, permitiu que hoxe en día sexa unha das localidades mellor conservadas da zona. Debido á forte emigración, en determinado momento deixaron de construírse vivendas novas, polo que o poboado presenta actualmente case o mesmo aspecto que tiña no século XIX.

Hai poucos anos, Seceda foi sometida a un plan de restauración integral co fin de salvagardar o seu valioso patrimonio de arquitectura popular.

En Seceda atopámonos ante un perfecto exemplo de aldea das montañas orientais de Galicia, onde o urbanismo está fortemente marcado polo carácter apiñado das construcións, con rúas moi estreitas e tellados pasantes que serven como soportais para protexeren os viandantes en días de chuvia e neve. Unha aldea medieval fundada, probablemente, cando os habitantes do castro o abandonaron para buscaren un lugar máis cómodo e protexido.

Como en todas as aldeas do territorio das montañas do Courel, Seceda é un exemplo de adaptación ao medio natural en que se ideou. A materia prima básica para a construción dos seus edificios é a pedra e a madeira da súa contorna; por unha banda, a madeira dos castiñeiros do souto que a rodea e a alimenta, e por outra, a pedra da lousa e das calcarias nas súas paredes e teitos. En varias das pedras calcarias que forman as paredes das casas poden verse crinoideos, fósiles de animais mariños de hai máis de 400 millóns de anos, cando as montañas do Courel aínda estaban somerxidas baixo o mar.

CHAPACUÑA

Os traballos de restauración restituíronlles a todas as rúas as súas típicas calzadas de chapacuña, feitas de lanchas de lousa solidamente cravadas no chan para que as cheas de auga non deterioren o firme empinado. No pavimento en chapacuña, as lousas colócanse de canto, verticais. Este tipo de empedrado ofrece varias vantaxes: unha boa adaptación á topografía sinuosa dos camiños, unha grande adherencia para o seu uso en mollado e o paso de persoas e gando, e unha boa durabilidade ante o continuo desgaste producido pola neve, as xeadas e as goteiras dos amplos beirados.

Deséñase unha sección en V cunha espiña central resolta cunha liña de lousa cravada, e a ambos os lados, pavimentos con leve pendente, o cal facilita a canalización das augas e a solución dos encontros nos cruces de camiños. Nestes revestimentos de chapacuña intercálanse pezas rectangulares deitadas entre as cuñas, o cal causa unha textura mixta que ofrece unha estética orgánica e irregular moi ben adaptada ao contexto.

La aldea de Seceda fue declarada Bien de Interés Cultural (BIC), con la categoría de lugar de interés etnográfico,en el año 1997 (DOG, Nº 150. Miércoles 6 de agosto de 1997).

San Silvestre de Seceda fue en tiempos una de las parroquias más importantes de O Courel, cuando los carros cargados con mineral pasaban por aquí hacia la ferrería de Lousadela, a orillas del río Lóuzara. El aislamiento que padeció durante mucho tiempo, apartada de las principales vías de comunicación, contribuyó en gran medida a su despoblación, pero al mismo tiempo ha permitido que hoy en día sea una de las localidades mejor conservadas de la zona. Debido a la fuerte emigración, en determinado momento dejaron de construirse viviendas nuevas, por lo que el poblado presenta actualmente casi el mismo aspecto que tenía en el siglo XIX.

Hace pocos años, Seceda fue sometida a un plan de restauración integral con el fin de salvaguardar su valioso patrimonio de arquitectura popular.

En Seceda nos encontramos ante un perfecto ejemplo de aldea de las montañas orientales de Galicia, en el que el urbanismo está fuertemente marcado por el carácter apiñado de las construcciones, con calles muy estrechas y tejados pasantes que sirven como soportales para proteger a los viandantes en días de lluvia y nieve. Una aldea medieval fundada, probablemente, cuando los habitantes del castro lo abandonaron para buscar un emplazamiento más cómodo y protegido.

Como en todas las aldeas del territorio de las Montañas do Courel, Seceda es un ejemplo de adaptación al medio natural en el que fue ideada. La materia prima básica para la construcción de sus edificios es la piedra y la madera de su entorno; por un lado, la madera de los castaños del castañar que la rodea y alimenta, y por otro, la piedra de pizarra y caliza en sus paredes y techos. En varias de las piedras de caliza que forman las paredes de las casas se pueden ver crinoideos, fósiles de animales marinos de hace más de 400 millones de años, cuando las Montañas de O Courel aún estaban sumergidas bajo el mar.

CHAPACUÑA

Los trabajos de restauración han restituido a todas las calles sus típicas calzadas de chapacuña, hechas de losas de pizarra sólidamente clavadas en el suelo para que las avenidas de agua no deterioren el firme empinado. En el pavimentado en chapacuña, las losas se colocan de canto. verticales. Este tipo de empedrado ofrece varias ventajas: una buena adaptación a la topografía sinuosa de los caminos, una gran adherencia para su uso en mojado y el paso de personas y ganado, y una buena durabilidad ante el continuo desgaste producido por la nieve, las heladas y las goteras de los amplios aleros.

Se diseña una sección en V con una espina central resuelta con una línea de pizarra clavada, y a ambos lados pavimentos con leve pendiente, que facilita la canalización de las aguas y la solución de los encuentros en los cruces de camino. En estos solados de chapacuña se intercalan piezas rectangulares tumbadas entre las cuñas provocando una textura mixta que ofrece una estética orgánica e irregular muy bien adaptada al contexto.

Seceda village was declared Cultural Heritage, under the category place of ethnographic interest,in 1997 (Galicia Official Gazette –DOG– No. 150. Wednesday, 6 August 1997).

San Silvestre de Seceda was at the time one of the most prominent parishes of O Courel, when wagons loaded with minerals travelled past towards the bloomery of Lousadela, on the banks of the Louzara river. The isolation it endured for a long time ―kept apart from the main connection roads― largely contributed to its depopulation, although, at the same time, it has allowed it to become one of the best preserved localities of the region nowadays. As a consequence of its high emigration rates, there came a time when no new houses were built, and the village now looks virtually the same as it did back in the 19th century.

A few years ago, Seceda underwent a comprehensive restoration plan with the aim of safeguarding its valuable heritage of popular architecture.

In Seceda we are witness to a vivid example of a village typical of Galicia’s eastern mountains. Here, urbanism is strongly marked by tightly-packed constructions, with very narrow streets and projecting tiled roofs that serve as porticoes to protect passers-by in rainy or snowy days. A medieval village probably founded when the fortification inhabitants abandoned it in search of a more comfortable and protected location.

Like all the villages in the territory of the Courel mountains, Seceda is an example of adaptation to the natural environment where it was conceived. The basic raw material used for construction is native stone and wood. The wood comes from its chestnut trees, which grow in the forest that surrounds and feeds the village. The stone, slate and limestone are found in the walls and roofs. In several of the milestones that make up the house walls, we can see crinoids: over-400-million-year-old fossils of sea animals, when the Courel mountains were still submerged in the sea.

CHAPACUÑA

Restoration works have brought the typical slate pavement (chapacuña) back to all the streets, consisting of slates firmly stuck in the ground to prevent floods from deteriorating the steep slope. In chapacuña pavement, slates are laid edgewise, i.e., vertically. This kind of stone pavement offers a range of advantages: good adaptation to the steep topography of the roads, high adherence for use in wet conditions and circulation of people and cattle, and high durability against the continuous wear by the action of snowfalls, frost, and leaks from large eaves.

It is a V-shaped design, with a central backbone made of a line of slates stuck in the ground, and on both sides, slightly-sloped pavement, which facilitates water channelling and provides a solution to water crossings at road intersections. In chapacuña pavement, rectangular pieces are laid lengthwise between wedges, creating a mixed texture that delivers organic and irregular aesthetics perfectly adapted to the surrounding environment.