RUTA AO CASTRO DE SECEDA

Despois dun agradable paseo desde a aldea de Seceda, polo que perfectamente puido ser o camiño que, hai 2.000 anos, conducía ata este lugar, atopámonos ante o castro de Seceda. Este poboado fortificado formaría parte dunha extensa rede de lugares de control de paso que o Imperio romano deseñou para a comarca aurífera das montañas do Courel; nesta ocasión polo val do río Lóuzara.  

O sistema defensivo deste castro é un dos mellores da comarca, e a organización da súa superficie é un claro exemplo de adecuación ao medio natural.

Ao sur do xacemento apreciamos a primeira parte do seu sistema defensivo: un grupo de pedras fincadas, unha impracticable alfombra de lousas colocadas como coitelas, que complicarían moitísimo o acceso ao interior do poboado en caso de conflito. Este primeiro sistema defensivo completaríase cun pequeno foso e cunha muralla case desaparecida. Pasados 50 m de cómoda pendente, volvemos atoparnos, agora xa si de xeito contundente, coa principal liña de defensa desta aldea: un potente foso escavado na rocha, tras o cal se levantou unha potentísima muralla defensiva de máis de 4 m de ancho e unha lonxitude que acada as dúas beiras do esporón. Para acceder ao interior da aldea, superando así esta gran muralla, apréciase unha pendente que sobe polo oeste da defensa.

A superficie de ocupación deste xacemento, que en arqueoloxía se chama «croa», achegaríase aos 5.000 m2. Como podemos comprobar noutros xacementos da comarca con características semellantes a este castro, a superficie aproveitable do esporón amplíase coa construción de grandes murallas coa función combinada de defensa e bancais. É dicir, para gañar superficie de ocupación, constrúense altísimas murallas que anulan as irregularidades da topografía do terreo. Estes espazos regularizados énchense de entullo ampliando así a superficie útil do castro. As casas aproveitan esta superficie extra para a súa construción.

As casas nas cales transcorrería a vida desta aldea tiñan muros de pedra en seco, de preto dun metro de ancho. A meirande parte delas terían paredes rectas e esquinas redondeadas. As súas dimensións varían entre os sete e os catro metros de lonxitude. Con todo, hai unha construción na parte central do xacemento, arrimada contra o perímetro do leste, que destaca polo seu tamaño con respecto ao resto. Poderíase tratar dunha construción de uso comunitario, estilo concello ou almacén.

Chegados ao extremo norte deste castro, o límite do xacemento, repítese en parte o sistema defensivo deste poboado. Comezamos, novamente, cun grupo de pedras fincadas, e inmediatamente polo sur a estas escavouse un foso duns 3,5 m de ancho e de desenvolvemento lonxitudinal leste-oeste, que separa a totalidade do esporón do resto da topografía. Despois deste primeiro foso, inmediato a el na súa metade suroeste, un segundo grupo de pedras fincadas volvería dificultar o acceso ao xacemento. Desde este punto sucédense un total de tres pequenos promontorios resultado da escavación doutros dous fosos de pequeno tamaño. Este sector norte do xacemento finaliza nun cuarto e gran foso escavado na pena que volve partir o esporón. Desde este punto, e cunha diferenza de cota considerable, atopámonos coa croa do xacemento. Completando a contundente defensa que xa é o foso de por si, unha muralla pétrea sae desde o leste ata a parte máis alta do xacemento.

RUTA AL CASTRO DE SECEDA

Después de un agradable paseo desde la aldea de Seceda, por el que perfectamente pudo ser el camino que, hace 2000 años, conducía a este lugar, nos encontramos ante el Castro de Seceda. Este poblado fortificado formaría parte de una extensa red de lugares de control de paso que el Imperio Romano diseñó para la comarca aurífera de las Montañas del Courel; en esta ocasión por el valle del río Lóuzara.

El sistema defensivo de este castro es uno de los mejores de la comarca, y la organización de su superficie es un claro ejemplo de adecuación al medio natural.

Al sur del yacimiento apreciamos la primera parte de su sistema defensivo: un grupo de piedras hincadas, una impracticable alfombra de pizarras colocadas como cuchillas, que complicarían muchísimo el acceso al interior del poblado en caso de conflicto. Este primer sistema defensivo se completaría con un pequeño foso y con una muralla casi desaparecida. Pasados 50 m de cómoda pendiente, nos volvemos a encontrar, ahora ya sí de manera contundente, con la principal línea de defensa de esta aldea. Un potente foso excavado en la roca, tras el cual se levantó una potentísima muralla defensiva de más de 4 m de ancho y una longitud que alcanza las dos orillas del espolón. Para acceder al interior de la aldea, superando así esta gran muralla, se aprecia una pendiente que sube por el Oeste de la defensa.

La superficie de ocupación de este yacimiento, lo que en arqueología se llama «croa», se acercaría a los 5.000 m2. Como podemos comprobar en otros yacimientos de la comarca con características semejantes a este castro, la superficie aprovechable del espolón se amplía con la construcción de grandes murallas con la función combinada de defensa y bancales. Es decir, para ganar superficie de ocupación se construyen altísimas murallas que anulan las irregularidades de la topografía del terreno. Estos espacios regularizados se llenan de escombro ampliando así la superficie útil del castro. Las casas aprovechan estas superficies extras para su construcción.

Las casas en las que transcurriría la vida de esta aldea tenían muros de piedra en seco, de cerca de un metro de ancho. La mayor parte de ellas tendrían paredes rectas y esquinas redondeadas. Sus dimensiones varían entre los siete y los cuatro metros de longitud. Con todo, hay una construcción en la parte central del yacimiento, arrimada contra el perímetro Este, que destaca por su tamaño respeto del resto. Se podría tratar de una construcción de uso comunitario, tipo ayuntamiento o almacén.

Llegados al extremo Norte de este castro, el límite del yacimiento, se repite en parte el sistema defensivo de este poblado. Comenzamos, nuevamente, con un grupo de piedras hincadas, e inmediatamente por el Sur a estas se excavó un foso de unos 3,5 m de ancho y de desarrollo longitudinal este-oeste, que separa la totalidad del espolón del resto de la topografía. Después de este primer foso, inmediato a él en su mitad sudoeste, un segundo grupo de piedras hincadas volvería a dificultar el acceso al yacimiento. Desde este punto se suceden un total de tres pequeños promontorios resultado de la excavación de otros dos fosos de pequeño tamaño. Este sector Norte del yacimiento finaliza en un cuarto y gran foso excavado en la peña y que vuelve a partir el espolón. Desde este punto, y con una diferencia de cota considerable, nos encontramos con la croa del yacimiento. Completando la contundente defensa que ya por sí es el foso, una muralla pétrea sale desde el este hasta la parte más alta del yacimiento.

ROUTE TO THE SECEDA HILLFORT

After a pleasant stroll from Seceda village ―which might as well have been the path that, 2000 years ago, led to this place―, we come across Seceda Hillfort. This fortified village would form part of an extensive network of checkpoints set by the Roman Empire for the gold-bearing region of the Courel mountains. Now we cross the Louzara river valley.

The defensive system of this fortification is one of the best of the region, and the arrangement of its surface area is a clear example of adaptation to the natural environment.

To the south of the site, we can see the first part of its defensive system. A group of stones set upright in the ground (chevaux-de-frise), an impenetrable carpet of knife-like-arranged slates, would make access into the village extremely difficult in the face of a conflict. This first line of defence would be completed with a small ditch and an almost-gone rampart. After 50 m of an easy slope, we come across again, this time conspicuously, the main line of defence of this village. A huge ditch dug in the rock, after which an impressive defensive wall rises, over 4 m wide and stretching as far as the two ends of the spur. To get access into the village, after overcoming this large rampart, a slope comes into sight climbing up the west side of the defence.

The area of occupation of this site, called “croa” in archaeology, would be close to 5000 m2. As we can verify in other sites of the region with characteristics similar to those of this fortification, the usable surface area of the spur is expanded by the construction of big ramparts serving a twofold purpose: as defence and terrace. That is, in order to gain area of occupation, very high walls are erected to offset the irregularities of the land topography. These levelled-up spaces are filled with debris to expand the hillfort useful area. Houses take advantage of these extra spaces.

The houses where people lived in this village had drystone walls about one metre wide. Most of them would have straight walls and rounded corners. Their dimensions vary between seven and four metres long. Amid them is a construction in the central part of the site, next to the east perimeter, that stands out from the rest for its size. It could be a construction for community use, like a town hall or warehouse.

At the north end of the hillfort, the site border, the defensive system of the village is partially repeated. Again, it begins with a group of standing stones and immediately to the south, a dig about 3.5 m wide is dug, running longitudinally from east to west, which keeps all the spur apart from the rest of the topography. Immediately after this first ditch, on its southwest side, stands a second line of chevaux-de-frise that would again restrain access to the site. From this point, a total of three small headlands follow one after the other, resulting from the excavation of other two small ditches. This northern sector of the site ends in a fourth and big ditch dug in the rock, which again splits the spur. Up from there, and at a considerably higher spot, we get to the croa of the hillfort. Completing the robust defence of the ditch itself, a stone rampart rises from the east up to the uppermost part of the site.