Ruta homologada no ano 2017 pola Federación Galega de Montañismo
A ruta parte da poboación de Seoane do Courel e comezaremos descendendo ata a antiga Ferrería Locay, preto de onde se unen os ríos Pequeno e Lor. Despois o sendeiro comeza a ascender pola ladeira dunha montaña entre vexetación autóctona e cruza un souto de vellos castiñeiros hasta chegar a Mercurín. Posteriormente a ruta continúa ascendendo entre soutos dedicados a produción de castañas que van deixando paso a vexetación baixa, permitíndonos unhas boas vistas panorámicas da Serra do Courel e os seus principais picos, o Formigueiros e o Pía Páxaro.
Posteriormente comezaremos a descender pola ladeira do val do río Pequeno ata chegar á aldea de Paderne. Dende aquí descenderemos ata chegar o leito do río.
Máis adiante atravesaremos unha serie de edificacións abandonadas chamadas Cabanas dos Carballois e a pouca distancia delas atópase a recuperada Aldea do Mazo. O camiño continúa sen grandes desniveis ata chegar de novo a Seoane, onde a ruta finaliza.
Servicios:
Na poboación de Seoane do Courel, onde comeza a ruta, pódense atopar dous supermercados, un establecemento bancario, varios locais de hostalaría e diversos establecementos onde hospedarse. Así mesmo, na aldea de Mercurín existe unha fonte da que se pode aproveitar a auga para beber ou refrescarse
Percorrido:
Seoane, Ferrería Nova, Mercurín, Castro de Brío, Paderne, Cabanas de Caseliña, Cabanas de Carballois, Aldea do Mazo.
M.I.D.E. : Medio: 2 / Itinerario: 2 / Desprazamento: 2 / Esforzo: 3
Mide é un sistema de comunicación entre excursionistas para valorar e expresar as exixencias técnicas e físicas dos percorridos. O seu obxectivo é as apreciación sobre as dificultades das excursións para permitir a cada practicante unha mellor elección. Para máis información visite esta páxina
Recomendacións:
Esta ruta é recomendable realizala en sentido horario, en dirección a Mercurín. Desta forma as zonas máis sinxelamente transitables realizaranse ao final do traxecto e abordaranse os tramos de maior desnivel positivo ao comezo. Recoméndase visitar, de ser posible, a Ferrería Locay, unha construción icónica da zona.