Esta ruta non está homologada e a súa sinalización pode ser deficiente nalgúns tramos, polo que é recomendable o emprego de cartografía ou GPS para realizala.
A ruta parte de Seoane do Courel e percorre o val do río Lor e a ladeira do Pico de Pando (1228 m). Dende Seoane baixamos a Ferrería Nova, e pola beira do Lor chegaremos ata Esperante. Voltaremos a cruzar o río Lor para iniciar o ascenso cara a aldea de Piñeira. Dende aquí continuamos ascendendo para rodear a Mina romana da Toca e iniciar o regreso. Na mina da Toca atoparemos moitas das estruturas empregadas polos romanos para o laboreo do ouro coa axuda da enerxía hidráulica.