Ruta homologada no ano 2017 pola Federación Galega de Montañismo

Partindo de Vilar dirixirémonos a Vilamor. O camiño comeza percorrendo un souto de castiñeiros que nos levará a través dunha baixada ata a beira do río Lor. Tras cruzar o río na ponte de Arrastradoira atoparemos unha forte subida ata a aldea de Vilamor.
A partir de Vilamor percorreremos a media ladeira o val do río Lor, gozando de fermosas vistas do val e dos montes do arredor ata chegar a aldea de Froxán.
En Froxán, a onde chegaremos despois de pasar por unha explotación de sobreiras, poderemos apreciar a arquitectura tradicional, xa que moitas das casas atópanse restauradas. Saíndo de Froxán atoparemos varios pasteiros e baixaremos de novo ao río Lor que cruzaremos na ponte do Vao. No último tramo de camiño a Vilar, despois dunha subida, atoparemos a Ermida de San Roque e o impresionante Castro de Vilar. Este castro fortificado atopase nun saínte rochoso dende o que se observa todo o val do río Lor.

Servizos:

Na poboación de Vilar atópase un museo popular ademais dunha fonte na que abastecerse de auga. En Vilamor e Froxán é posible atopar aloxamentos de turismo rural así coma servizos de restaurante, así coma fontes de auga potable.

Percorrido:

Vilar, Vilamor, Froxán, Ermida de San Roque, Castro de Vilar, Vilar.

M.I.D.E.: Medio: 1 / Itinerario: 2 / Desprazamento: 2 / Esforzo: 2

Mide é un sistema de comunicación entre excursionistas para valorar e expresar as exixencias técnicas e físicas dos percorridos. O seu obxectivo é as apreciación sobre as dificultades das excursións para permitir a cada practicante unha mellor elección. Para máis información visite esta páxina

Recomendacións:

Esta ruta é recomendable realizala en sentido antihorario, comezando en dirección a Vilamor. Desta forma os maiores desniveis salvaranse durante os primeiros quilómetros. Recoméndase visitar o museo que se atopa na aldea de Vilar, onde se atopan multitude de aparellos de labranza e gandería antigos