GUÍAS DE ORDENACIÓN PRODUTIVA DAS ALDEAS MODELO

publicado en: Novas | 0

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe o anuncio da Consellería do Medio Rural polo que se someten a información pública, polo prazo dun mes, os borradores de guías de ordenación produtiva de oito aldeas modelo situadas nas provincias de Lugo e Ourense. Entre elas a aldea de Moreda, do Concello de Folgoso do Courel.

Estas guías son un documento técnico no que se delimitan os usos produtivos máis idóneos para a explotación das parcelas, dende os puntos de vista económico, técnico, social e ambiental. Contémplanse unha serie de usos preferentes e secundarios. Indícanse os prazos e prezos establecidos para os cultivos e aproveitamentos, así como a descrición das actacións a levar a cabo para a súa posta en produción.

No caso da aldea modelo de Moreda, pode consultarse a guía no Concello de Folgoso do Courel e na páxina web da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural ( https://agader.xunta.gal/gl/banco-de-terras/aldeas-modelo/). Durante este prazo poderanse realizar as achegas e alegacións que se consideren oportunas, mediante escrito dirixido á directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, por calquera dos medios previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Enlace ao anuncio do DOG: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210301/AnuncioO90-160221-0001_gl.html