Saúdo da alcaldesa de Folgoso do Courel, Lola Castro

As novas tecnoloxías ofrécennos a posibilidade de estar máis preto, por moi afastados que poidamos estar xeograficamente.

No Concello de Folgoso do Courel queremos aproveitar todas as potencialidades ao noso alcance para serlles útiles aos nosos veciños e veciñas e tamén a todos aqueles que nos visitaron ou teñen previsto facelo.

É por iso que lanzamos esta páxina web completamente renovada que pretende ser un espazo no que os nosos veciños e veciñas atopen resposta ás súas inquedanzas en relación coa xestión municipal. Unha canle en constante actualización a través da cal manterse informados e na que poder levar a cabo trámites que faciliten a súa relación coa administración local.

Ao mesmo tempo queremos que sexa un escaparate aberto ao mundo no que poder atopar todo o que o Concello de Folgoso do Courel ten que ofrecer. Máis aínda desde que en abril de 2019 as montañas do Courel veñen de conseguir a distinción de primeiro Xeoparque Mundial de Galicia e do Norte de España.

Foi nese momento cando nos puxemos mans á obra para dotar a esta páxina de todos os contidos, fotos, vídeos e demais material que vos permitan coñecer o Concello de Folgoso do Courel con tan só un clic.

Agardamos que sexa o inicio dunha viaxe que vos acabe traendo ata aquí e poña fin ás distancias que xeograficamente nos poden separar.

Un afectuoso saúdo.

Lola Castro

Correo: alcaldia@folgosodocourel.com