PAVIMENTACIÓN DE CAMIN NA ALDEA MODELO DE MOREDA

publicado en: Novas | 0

O concello de Folgoso do Courel resultou beneficiario dunha axuda no marco da Resolución do 26 de decembro de 2022, pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións para proxectos de creación, mellora e ampliación de servizos básicos locais en aldeas modelo e ámbitos territoriais vinculados aos instrumentos de recuperación da terra agraria, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural no Marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020.

A actuación do proxecto «Pavimentación de camin na aldea modelo de Moreda» ten como obxectivo posibilitar o acceso a unha zona da aldea modelo para o funcionamento adecuado das actividades agropecuarias rexenerando o firme.

O importe da axuda é de 20.437,20 euros, distribuidos entre fondos FEADER 15.327,90 euros, fondos MAPAMA 1.532,79 euros e fondos Xunta de Galicia 3.576,51 euros.