AXUDAS PARA MELLORAR A COMPETITIVIDADE DO SECTOR APÍCOLA

publicado en: Novas | 0

Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou o 8 de xaneiro a orde pola que se convocan preto de 1,5 millóns destinados ao sector apícola co obxecto de mellorar a súa competitividade a través da modernización e a optimización de equipamentos, así como para loitar contra a perda de poboación de abellas e outros insectos polinizadores como consecuencia da expansión de patoloxías; o incremento des especies inimigas, como a Vespa asiática; ou o cambio climático.

O prazo para presentar as solicitudes será dun mes e poderán optar a estas axudas aquelas persoas físicas ou xurídicas, ou entidades sen personalidade xurídica, que sexan titulares de explotacións apícolas e que desenvolvan a súa actividade con anterioridade ao 1 de xaneiro, así como agrupacións de apicultores. 

Ligazón á publicación no DOG:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240108/AnuncioG0426-071223-0003_gl.html